CC.OO. denuncia que no CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DA IGUALDADE E DO BENESTAR (Consellería de Vicepresidencia rexida polo líder nacionalista Anxo Quinata) estanse a producir graves incumprimentos de dereitos e da normativa laboral vixente que sofren os traballadores.
CC.OO. denuncia que entre os incumprimentos detectados están os seguintes:
1. Non existen carteleiras oficiais, nin se negocian cos representantes sindicais.
2. Dende xullo, ós traballadores non se lles permitiu disfrutar o descanso semanal obrigatorio que lles corresponde nin se lle compensou co descanso adicional por traballo en domingos e festivos.
3. Así mesmo, pola xornada realizada en período nocturno, non se lle abona o complemento correspondente á nocturnidade por tales traballos.
Estes feitos foron postos en coñecemento dos respectivos directores dos centros polos propios traballadores sen que, ata o momento, se emendaran tales incumprimentos, cuestión que CC.OO. lamenta profundamente xa que se trata de incumprimentos graves de vulneración de dereitos laborais básicos dos traballadores.
CC.OO. quere poñer de manifesto que na propia negociación do V Convenio Colectivo para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, esta organización sindical fixo a proposta de que, os traballadores do Consorcio e de todas as Empresas Públicas dependentes da Xunta de Galicia que non tiveran convenio propio, pasaran a regularse polo V Convenio de Persoal Laboral da Xunta, alegación que non foi tida en conta pola Administración e polo resto das Organizacións Sindicais, que lamentablemente decidiron deixar a estes traballadores unicamente baixo a cobertura da máis básica normativa laboral.
CC.OO., como consecuencia do que acontece nos centros de traballo desta entidade pública dependente da Administración Autonómica, nos que nin a máis básica normativa laboral se respeta, ven de enviarlle un requirimento formal a Xerencia do Consorcio para que proceda a da-las instruccións oportunas para que se respete escrupulosamente a legalidade laboral vixente.
Esperamos unha rápida e satisfactoria resposta a este requerimento xa que, doutro xeito, veriámonos na obriga de tramitar a oportuna denuncia dos incumprimentos ante a autoridade laboral competente (Inspección de Traballo).
Anonimo dijo
e a ciga, maioritaria nos comités de empresa e coñecedora da situación, obviamente mirando para o ceo ...2008-08-23 11:15:04
Enlaces recomendados
Últimos comentarios
Colaboradores
Últimos perfiles visitados en la Comunidad:
|
Martha Colmenares País: Venezuela |
|
Boletín de Galicia Liberal
Red España Liberal
Aragón Andalucía Asturias Baleares Barcelona Canarias Cantabria Castilla y León Castilla La Mancha España Extremadura Euskadi La Rioja Madrid Murcia Navarra Occidente ValenciaHemeroteca